jueves, 22 de noviembre de 2012

Reputación nas Redes Sociais

Á hora de analizar a reputación nas redes sociais, no meu grupo de Imaxe Corporativa, centrámonos na Fundación Meniños, a cal se preocupa polos dereitos da infancia e da adolescencia, a parte de intentar conseguir unha vida mellor para esos pequenos seres que nos alegran os días.

A Fundación encontrase presente en Twitter (@FMeninos) e en Facebook (Fundación Meniños), a parte do seu blog (http://fundacionmeninos.wordpress.com/) e das súas páxinas web http://www.meninos.org/ e http://www.meninos.org/mundodemilu/avidademilucas.htm.

No seu Facebook non presenta actividade constante algunha.

Nas súas páxinas web e no blog manteñense actualizados, pero sen comentarios, son simples RT de xente do mesmo ámbito ou dos mesmos influenciadores.

Pero á hora de falar do seu Twitter, tampouco podemos decir moito. Soen twittear actividades ou noticias de interese para o ámbito, pero non podemos decir que teñan moita actividade. 

Para poder comprobar a reputación, o Día Universal do Neno, "alabei" a súa xestión e intentei que persoaxes coma Eduardo Punset ou Xulia Otero, influenciadores da fundación, me fixeran RT para dar a coñecer esta iniciativa do país.




Non din conseguido ningunha das dúas cousas, e preguntome

¿Será que a Función non lle interesa ter unha boa reputación nas redes sociais?

¿Pensarán que sendo coñecidos por estes mundos non é importante?

Non o entendo...

No hay comentarios:

Publicar un comentario