viernes, 21 de diciembre de 2012

Renovarse ou morrer

Despois dunhas cantas semanas, toca despedirse deste cuatrimestre.

Ainda que pareza que non, creo que aprendin bastantes cousas.

Sobre todo que a frase que soa decir miña avoa de "renovarse ou morrer" vai acabar sendo certa.

Acabo de ler unha noticia que di o seguinte:


"2 de cada 3 empresas utilizará Twitter para llegar a sus consumidores y potenciales clientes en 2013"


E agora preguntome, que está a facer esta 1 de cada 3? Esperar a que os clientes lle roguen polos produtos? Se iso é así van frescos, xa que as últimas investigacións din que se poden chegar a perder clientes por non ter unha "mobile store".

Non podemos saber que pasará nun par de anos. Non podo saber se toparei algo que de verdade me motive nesta carreira e se me dedicarei a eso, o unico que sei é que hai que poñerse ó día, e non só eu coa carreira, senon as empresas coa súa comunicación.

Un pracer, Aida.





Noticias: 
http://www.puromarketing.com/42/14835/cada-empresas-utilizara-twitter-para-llegar-consumidores-potenciales-clientes.html
http://www.puromarketing.com/21/14857/estas-perdiendo-ventas-tener-mobile-store.html


Promocións online


"Los consumidores compran en las tienda offline después de haber recibido promociones online"  


Despois de ler esta noticia preguntome se de verdade terá tanta importancia as promocións online, e contestome eu mesma, Sí.

A semana pasada, facendo as primeiras compras navideñas, buscaba como loca unha pixama bonita e claro, barata, para unha boa amiga. Despois de non atopar nada, chegoume unha mensaxe e un correo electrónico no que me invitaban a pasarme por unha conocida tenda de roupa interior femenina donde podería atopar moitas ofertas, entre elas pixamas a un bo prezo, e so con ensinar o correo ou no seu defecto a mensaxe, obtería un porcentaxe de desconto, que aplicado o pixama que me gustaba, quedabame un prezo exquisito. Fun correndo, xa que unha oportunidade coma esa non pasa todos os días.

Se non fose por esa mensaxe eu non iria a esa tenda, desistiría de buscar unha pixama e centraría en calquer outro producto, e con unha simple mensaxe, que pouco lle costou, conseguiron unha compra.

Moitas empresas deberían seguir esta liña, xa que nestes tempos o que buscamos veñen sendo promocións.

Noticia: http://www.puromarketing.com/76/14852/consumidores-compran-tienda-offline-despues-haber-recibido-promociones-online.html

jueves, 13 de diciembre de 2012

Empresas en Redes Sociais

Cada vez doume máis de conta da importancia das redes sociais para as empresas.

http://www.puromarketing.com/42/14803/importancia-compartir-conversar-social-media.html

Este artículo non ten desperdicio, e non podo estar mais dacordo.

miércoles, 12 de diciembre de 2012

Conclusión de Reputación nas Redes Sociais

Despois de varias semanas indagando na reputación de diferentes proxectos e organizacións nas redes sociais, chego a conclusión de que a reputación so lle interesa ás grandes empresas, e a aquelas que se poden permitir o "luxo", nestes tempos, de ter a unha persoa ó cargo destes medios tan de moda últimamente.

Comezamos a nosa andadura co proxecto de "TAPÓNS PARA LOLA". Un proxecto local para poder axudar a Lola, unha nena cun problema cerebral, a cal ten un enorme custo e polo que piden axuda a través da xuntaza de tapóns para poder pagala. Esta comunidade so contaba con un blog no que existía interacción e polo cal decidimos deixalo.

Seguimos co proxecto autonómico de "PATRIMONIO GALEGO", no cal nos tiñamos que rexistrar. O empezar ó rexistro non nos mandaban o contrasinal, e avisamolos por Twitter e correo electrónico, pero como non, pasaron de nos. 

Por último xa fartas e cansadas empezamos coa Fundación Meniños, da cal xa falei no post anterior.

Despois de moitos intentos, e xa na última semana, a fundación puxo un tuit no que decia que xa tiñan 900 seguidores e polo que daba as grazas e eu, enfadada, cansada, e odiándoos con bastante forza, contesteille "Nunha semana xa perdedes a 4 :)". No mesmo momento comezaron a seguirme. Supoño que esto se debe para saber si eu seguiria con ese tipo de comentarios, o cal non creo que sentara moi ben a persoa que está detras das suas teclas, pero ó ver que durante a semana non volvin a facer ningun tipo de comentario, fixeronme "unfollow a tope".

Este luns, despois de presentar na clase a nosa experiencia, deixamos de seguilos, non porque non nos pareza interesante a súa labor, senon polo feito de que pasaron de nos, das nosas propostas e de como quen dí "plagiarme".

Adios Fundación Meniños, xa vemos que pouco vos interesa a vosa reputación :)

jueves, 22 de noviembre de 2012

Reputación nas Redes Sociais

Á hora de analizar a reputación nas redes sociais, no meu grupo de Imaxe Corporativa, centrámonos na Fundación Meniños, a cal se preocupa polos dereitos da infancia e da adolescencia, a parte de intentar conseguir unha vida mellor para esos pequenos seres que nos alegran os días.

A Fundación encontrase presente en Twitter (@FMeninos) e en Facebook (Fundación Meniños), a parte do seu blog (http://fundacionmeninos.wordpress.com/) e das súas páxinas web http://www.meninos.org/ e http://www.meninos.org/mundodemilu/avidademilucas.htm.

No seu Facebook non presenta actividade constante algunha.

Nas súas páxinas web e no blog manteñense actualizados, pero sen comentarios, son simples RT de xente do mesmo ámbito ou dos mesmos influenciadores.

Pero á hora de falar do seu Twitter, tampouco podemos decir moito. Soen twittear actividades ou noticias de interese para o ámbito, pero non podemos decir que teñan moita actividade. 

Para poder comprobar a reputación, o Día Universal do Neno, "alabei" a súa xestión e intentei que persoaxes coma Eduardo Punset ou Xulia Otero, influenciadores da fundación, me fixeran RT para dar a coñecer esta iniciativa do país.




Non din conseguido ningunha das dúas cousas, e preguntome

¿Será que a Función non lle interesa ter unha boa reputación nas redes sociais?

¿Pensarán que sendo coñecidos por estes mundos non é importante?

Non o entendo...

viernes, 9 de noviembre de 2012

A "Fin" da Publicidade Televisiva

Nun momento no que a Publicidade televisiva convencional xa non convence, non podemos deixar ás empresas ancladas no pasado. Estas son cada vez máis conscientes de que os verdadeiros clientes se atopan do outro lado das redes sociais.

No periódico dixital puromarketing.com encontro a seguiente noticia: 
"La verdad oculta: la publicidad televisiva ya no convence" 

Aquí, encontro unha información moi interesante:
"La televisión es uno de los medios más afectados por la crisis. A tenor del último informe ofrecido por Infoadex, la inversión publicitaria ha sufrido un descenso del 18,3% hasta septiembre. Por su parte, el medio online ha experimentado un crecimiento del 3,8%, lo que supone 220 millones de euros. ¿Qué está pasando? ¿Presenciaremos el inicio del final de la publicidad televisiva?"

Se isto segue na mesma línea, Sí. A publicidade televisiva é un formato xa "anticuado". Todos nos cambiamos de canle cando esta aparece no medio da película ou da serie que estamos vendo, e non é por que sea aburrida ou carezca de interés, se non todo o contrario. A Publicidade é abusiva, demasiada, satúrannos. Non permite que lle prestemos interés debido a esta aglomeración de anuncios. Rápidamente intentamos cambiar ou deixamos de prestarlle atención, polo que os publicistas deberían, eu incluida nuns cantos años, reinventarse, deixar de facer o cómodo e o que se cree "seguro", e inmiscuirse nas redes sociais.

"3 de cada 10 empresas españolas todavía no tienen página web". Nos próximos anos, non tan lexanos, debemos adaptarnos ás novas tecnoloxías se queremos evolucionar ó mesmo tempo que a sociedade.

martes, 23 de octubre de 2012

Xestión da Reputación na Comunicación

A reputación dunha empresa depende de varios factores como son o medio ambiente, a responsabilidade laboral e a opinión pública. 

A imaxe da nosa empresa que os públicos teñen na súa cabeza é moi importante, xa uqe por moi boa que seas, se a xente non lle acabas de convencer non vas a chegar a ningún sitio.

Así, a idea de reputación tamén se acerca a de recepción das imaxes das marcas.

Esta reputación debe ter unha experiencia de servizo. A maior parte da xente cando quere ir de escapada a unha casa rural, o primeiro que soe facer é preguntar a coñecidos si coñecen esa casa e a súa opinión. Dependendo da súa resposta, ou se vai ou non. E aquí, para a empresa, aparece a reputación.

En canto a planificación ambiental, aparecen as chamadas "marcas verdes", polas que moitas empresas se esforzan en chegar a ser, pero que en moitos casos coma o de Portugal, é un fraude, xa que ese título pódese comprar.
Toyota está considerada como marca verde. Unha paradoxa en sí mesma xa que, ¿como pode ser unha marca verde se os seus produtos son dos máis contaminantes?



No tocante a responsabilidade laboral, non hai moito que explicar xa que, uns empregados contentos son ó mellor para unha empresa, xa que si o empregado está contento co seu posto de traballo a súa productividade e a súa amabilidade cos clientes vai a aumentaar notablemente.

martes, 16 de octubre de 2012

Un Barça Madrid un tanto extraño

Despois de topar unha imaxe coma este nas redes sociais...


...pregúntome, a quén se lle ocurreu esta idea? 

Persoalmente encántame, e paréceme super orixinal.

Seas do equipo que seas, Alcampo invitate a ver o partido tomando unha Pepsi. Así non só promociona o produto, se non que tamén se promociona el, xa que esto non é moi frecuente nos supermercados.

Red Bull non che da alas, tírate da Estratosfera

Esta fin de semana, RedBull por fín puido realizar o evento que tanto anos leva financiando, o salto de Félix Baumgartner dende a Estratosfera.



Un evento desas características de verdade lle sirve a marca para fomentar as súas vendas? Eu penso que non, por que se a ti, coma no meu caso, non che gusta esa especie de bebida con sabor a xarope, non o vas a beber porque un señor se tire dende a Estratosfera...

Pois ben, coa cantidade de audiencia que conseguiu a través da televisión e Internet, a de portadas de periódicos e telediarios que abriu, e despois de seguir sendo noticia despois de días de realizarse, alo ten que ganar. Seguramente gañe reputación, e será coñecida por adicarse a patrocinar eventos de deportes extremos, coma este de Stratos ou outros coma a Fórmula 1. 


Desta froma, e despois de invertir un 25% dos seus ingresos en Marketing, a imaxe de Red Bull vai a ser moito máis durareira xa que está construída dende a reputación.

sábado, 13 de octubre de 2012

O Curioso caso de Mercadona

Fai un mes e uns días, a polémica sobre a cadea de supermercados Mercadona volveu aparecer, e esta vez, tampouco deixou indiferente a nadie.

Despois de pasar por situacións como o famosos caso do champú de cabalo, que supostamente non era de cabalo, a cadea valenciana foi acusada de posuír sustancias canceríxenas nunha serie de produtos solares e cremas hidrantes da súa propia marca blanca.

Ante esta noticia, que logo se divulgou, Mercadona deixou de vendelos a pesar de recalcar que os seus produtos estaban totalmente certificados, e ata nalgunhas ocasións, permitiron que os consumidores devolveran eses productos e se lle aboara o seu importe, xa que estes últimos estaban totalmente convencidos da importancia do asunto.

Pasados un par de días e despois de unha importante serie de analises, a cadea puido comprobar e reafirmar que os seus produtos estaban limpos e que eran totalmeten seguros.

Isto anunciouse mediante unha nota de prensa sinxela e sen máis importacia e transcendencia.

http://www.mercadona.es/corp/esp-html/noticias.html#noticia22

E digo eu, se a noticia foi de tal alerta e quedou coma unha mancha moi importante para a cadea de Juan Roig, porque só o comunicaron con unha sinxela nota de prensa e non o anunciaron por todo o alto para así poder cerrar as bocas que os deixaron quedar mal cando empezaron a tirar basura contra o seu tellado?

Paradoxas da vida... e distintas formas de pensar e levar as empresas. Froiz, por exemplo, que é a empresa que o meu grupo traballa nas clases prácticas, non ten notas de prensa, aínda que eu creo que tampouco ten moito que dicir.

Alá eles...

jueves, 11 de octubre de 2012

Proxectos de renovacións de Imaxes

Cada certo tempo debemos actualizar a nosa auditoría de imaxe e facela apropiada ó momento no que nos atopemos.

Cando a fagamos debemos ter en conta catro puntos moi importantes.


En primeiro lugar a concorrencia. Aquí definimos os límites do noso entorno (coa aproximación máis precisa que poidamos) a magnitude das voces dos actores no escenario de comunicación. Neste punto debemos prestar moita atención ás redes sociais, xa que son as que máis cambian nun determinado período de tempo.


A visibilidade ten que ver coa importancia que o público lle otorga as diferentes situacións de comunicación nas que se atopa unha empresa. Conseguir que un tema sexa Trending Topic pode parecer unha tontería, pero na realidade é algo moi importante xa que quere decir que verdadeiramente o publico interesase por nos.


No terceiro punto punto temos a recepción das mensaxes. Ás veces, unha mensaxe simple pode ser máis forte que unha moi cargada e complexa.


Para terminar temonos que fixar nos discursos principais dos publicos. Os seus comentarios en blogs, foros e redes sociais son moi importantes porque moitas veces mostrannos os fallos que estamos cometendo.


En resumo, por moitos puntos que poñamos, unha boa e completa auditoría de imaxe é moi complicada de realizar, e menos se temos que ir enumerando todas as ferramentas que empreguemos.

jueves, 4 de octubre de 2012

Práctica día 4 de Outubro

Na práctica de hoxe, Dona Beatriz Martínez, veu a impartirnos unha clase na que entre outras moitas cousas, explicounos os diferentes niveles connotativos e denotativos das mensaxes.
Todo signo ten un significado referencial ou denotativo, a relación polo medio da cal cada signo se refire a un obxeto, feito ou idea.
O connotativo é o elemento persoal. O papel do receptor da mensaxe connotativa é activo.

Non existe un límite entre as duas linguaxes. O denotativo depende da relación signo-referente.O connotativo depende do signo-usuario.

A comunicación plena conseguese cando o receptor descodifica todos os elementos das mensaxes.

Un exemplo que vimos na clase foi este de BMW

http://www.youtube.com/watch?v=7sxy7q9YPyQ

Aquí non existe ningún elemento en segundo plano.

Crítica e Análise das Imaxes

Na terceira clase de Imaxe corporativa falamos da crítica e da análise das imaxes, así como do que pesan as formas dunha imaxe.
No transcurso da clase falamos de qué é máis importante, se as palabras ou as imaxes, a conto do famoso dito "vale máis unha imaxe que mil palabras". Aquí aprendemos que, como normalmente dicimos os galegos, depende. Sí, depende do exemplo que queiramos analizar. En Telepizza fixose un consurso de logos. Aquí son máis importantes as palabras xa que o que distinguimos desta marca é o nome, non un debuxo dunha pizza ou algo semellante.


Pero o analizar os logos de Alemaña e España, o que debería chamar a atención son os colores das bandeiras, ou eso é o que se prentede no orixal, o de Alemaña.


O diferente do logotipo é que ten que recoller os atributos fundamentais, básicos, a integridade require sínteses, coñecer o sector...  Forma o creativo. Debe transmitir o que ti es, e hai que coñecer o sector, a competencia, as cualidades do cliente. A imaxe é o que se ve, iluminación, filmación cinematográfica...  Ten que ser aceptable e romper o escenario de atención, ten que ter as 4. 


Aquí vai un exemplo de varios logotipos que non se sabe se están feitos a propósito ou non, porque raros son para rato... http://www.jerpublicidad.com/blog/?p=1638

domingo, 23 de septiembre de 2012

Auditoria de Comunicación

Na segunda semana do curso, falamos das auditorias de comunicación.
Buscando información sobre o tema, nun paxina web de comunicación atopei a seguinte frase, a cal me pareceu moi correcta e acertada sobre o tema "A auditoria de comunicación interna requiere dun enfoque sistemático que facilite a unha organización diferenciar entre: o que realmente está comunicando daquelo que cree que está comunicando."
Como falamos na clase, o traballo de monitorizar é clave, xa que debemos dar máis dunha solución a un determinado problema despois de coñecer todo o seu entorno e de analizar os diferentes gráficos de representación da imaxe. Isto debemos facer con moito cuidado e delicadeza, xa que non se pode "ensinar a facer ovos a un cociñeiro".

Relacións Públicas

Na primeira semana de clases da materia de Imaxe Corporativa, estivemos falando dos diferentes perfís profesionais, entre outras cousas.  Dos catro diferentes, eu escollín o de relacións públicas, xa que era co que máis identificada me sentía. Durante estas catro semanas ese será o meu traballo e espero facelo correctamente e aprender moito a cerca del.

http://finntrack.co.uk/images/public-relations.jpg