martes, 23 de octubre de 2012

Xestión da Reputación na Comunicación

A reputación dunha empresa depende de varios factores como son o medio ambiente, a responsabilidade laboral e a opinión pública. 

A imaxe da nosa empresa que os públicos teñen na súa cabeza é moi importante, xa uqe por moi boa que seas, se a xente non lle acabas de convencer non vas a chegar a ningún sitio.

Así, a idea de reputación tamén se acerca a de recepción das imaxes das marcas.

Esta reputación debe ter unha experiencia de servizo. A maior parte da xente cando quere ir de escapada a unha casa rural, o primeiro que soe facer é preguntar a coñecidos si coñecen esa casa e a súa opinión. Dependendo da súa resposta, ou se vai ou non. E aquí, para a empresa, aparece a reputación.

En canto a planificación ambiental, aparecen as chamadas "marcas verdes", polas que moitas empresas se esforzan en chegar a ser, pero que en moitos casos coma o de Portugal, é un fraude, xa que ese título pódese comprar.
Toyota está considerada como marca verde. Unha paradoxa en sí mesma xa que, ¿como pode ser unha marca verde se os seus produtos son dos máis contaminantes?



No tocante a responsabilidade laboral, non hai moito que explicar xa que, uns empregados contentos son ó mellor para unha empresa, xa que si o empregado está contento co seu posto de traballo a súa productividade e a súa amabilidade cos clientes vai a aumentaar notablemente.

martes, 16 de octubre de 2012

Un Barça Madrid un tanto extraño

Despois de topar unha imaxe coma este nas redes sociais...


...pregúntome, a quén se lle ocurreu esta idea? 

Persoalmente encántame, e paréceme super orixinal.

Seas do equipo que seas, Alcampo invitate a ver o partido tomando unha Pepsi. Así non só promociona o produto, se non que tamén se promociona el, xa que esto non é moi frecuente nos supermercados.

Red Bull non che da alas, tírate da Estratosfera

Esta fin de semana, RedBull por fín puido realizar o evento que tanto anos leva financiando, o salto de Félix Baumgartner dende a Estratosfera.



Un evento desas características de verdade lle sirve a marca para fomentar as súas vendas? Eu penso que non, por que se a ti, coma no meu caso, non che gusta esa especie de bebida con sabor a xarope, non o vas a beber porque un señor se tire dende a Estratosfera...

Pois ben, coa cantidade de audiencia que conseguiu a través da televisión e Internet, a de portadas de periódicos e telediarios que abriu, e despois de seguir sendo noticia despois de días de realizarse, alo ten que ganar. Seguramente gañe reputación, e será coñecida por adicarse a patrocinar eventos de deportes extremos, coma este de Stratos ou outros coma a Fórmula 1. 


Desta froma, e despois de invertir un 25% dos seus ingresos en Marketing, a imaxe de Red Bull vai a ser moito máis durareira xa que está construída dende a reputación.

sábado, 13 de octubre de 2012

O Curioso caso de Mercadona

Fai un mes e uns días, a polémica sobre a cadea de supermercados Mercadona volveu aparecer, e esta vez, tampouco deixou indiferente a nadie.

Despois de pasar por situacións como o famosos caso do champú de cabalo, que supostamente non era de cabalo, a cadea valenciana foi acusada de posuír sustancias canceríxenas nunha serie de produtos solares e cremas hidrantes da súa propia marca blanca.

Ante esta noticia, que logo se divulgou, Mercadona deixou de vendelos a pesar de recalcar que os seus produtos estaban totalmente certificados, e ata nalgunhas ocasións, permitiron que os consumidores devolveran eses productos e se lle aboara o seu importe, xa que estes últimos estaban totalmente convencidos da importancia do asunto.

Pasados un par de días e despois de unha importante serie de analises, a cadea puido comprobar e reafirmar que os seus produtos estaban limpos e que eran totalmeten seguros.

Isto anunciouse mediante unha nota de prensa sinxela e sen máis importacia e transcendencia.

http://www.mercadona.es/corp/esp-html/noticias.html#noticia22

E digo eu, se a noticia foi de tal alerta e quedou coma unha mancha moi importante para a cadea de Juan Roig, porque só o comunicaron con unha sinxela nota de prensa e non o anunciaron por todo o alto para así poder cerrar as bocas que os deixaron quedar mal cando empezaron a tirar basura contra o seu tellado?

Paradoxas da vida... e distintas formas de pensar e levar as empresas. Froiz, por exemplo, que é a empresa que o meu grupo traballa nas clases prácticas, non ten notas de prensa, aínda que eu creo que tampouco ten moito que dicir.

Alá eles...

jueves, 11 de octubre de 2012

Proxectos de renovacións de Imaxes

Cada certo tempo debemos actualizar a nosa auditoría de imaxe e facela apropiada ó momento no que nos atopemos.

Cando a fagamos debemos ter en conta catro puntos moi importantes.


En primeiro lugar a concorrencia. Aquí definimos os límites do noso entorno (coa aproximación máis precisa que poidamos) a magnitude das voces dos actores no escenario de comunicación. Neste punto debemos prestar moita atención ás redes sociais, xa que son as que máis cambian nun determinado período de tempo.


A visibilidade ten que ver coa importancia que o público lle otorga as diferentes situacións de comunicación nas que se atopa unha empresa. Conseguir que un tema sexa Trending Topic pode parecer unha tontería, pero na realidade é algo moi importante xa que quere decir que verdadeiramente o publico interesase por nos.


No terceiro punto punto temos a recepción das mensaxes. Ás veces, unha mensaxe simple pode ser máis forte que unha moi cargada e complexa.


Para terminar temonos que fixar nos discursos principais dos publicos. Os seus comentarios en blogs, foros e redes sociais son moi importantes porque moitas veces mostrannos os fallos que estamos cometendo.


En resumo, por moitos puntos que poñamos, unha boa e completa auditoría de imaxe é moi complicada de realizar, e menos se temos que ir enumerando todas as ferramentas que empreguemos.

jueves, 4 de octubre de 2012

Práctica día 4 de Outubro

Na práctica de hoxe, Dona Beatriz Martínez, veu a impartirnos unha clase na que entre outras moitas cousas, explicounos os diferentes niveles connotativos e denotativos das mensaxes.
Todo signo ten un significado referencial ou denotativo, a relación polo medio da cal cada signo se refire a un obxeto, feito ou idea.
O connotativo é o elemento persoal. O papel do receptor da mensaxe connotativa é activo.

Non existe un límite entre as duas linguaxes. O denotativo depende da relación signo-referente.O connotativo depende do signo-usuario.

A comunicación plena conseguese cando o receptor descodifica todos os elementos das mensaxes.

Un exemplo que vimos na clase foi este de BMW

http://www.youtube.com/watch?v=7sxy7q9YPyQ

Aquí non existe ningún elemento en segundo plano.

Crítica e Análise das Imaxes

Na terceira clase de Imaxe corporativa falamos da crítica e da análise das imaxes, así como do que pesan as formas dunha imaxe.
No transcurso da clase falamos de qué é máis importante, se as palabras ou as imaxes, a conto do famoso dito "vale máis unha imaxe que mil palabras". Aquí aprendemos que, como normalmente dicimos os galegos, depende. Sí, depende do exemplo que queiramos analizar. En Telepizza fixose un consurso de logos. Aquí son máis importantes as palabras xa que o que distinguimos desta marca é o nome, non un debuxo dunha pizza ou algo semellante.


Pero o analizar os logos de Alemaña e España, o que debería chamar a atención son os colores das bandeiras, ou eso é o que se prentede no orixal, o de Alemaña.


O diferente do logotipo é que ten que recoller os atributos fundamentais, básicos, a integridade require sínteses, coñecer o sector...  Forma o creativo. Debe transmitir o que ti es, e hai que coñecer o sector, a competencia, as cualidades do cliente. A imaxe é o que se ve, iluminación, filmación cinematográfica...  Ten que ser aceptable e romper o escenario de atención, ten que ter as 4. 


Aquí vai un exemplo de varios logotipos que non se sabe se están feitos a propósito ou non, porque raros son para rato... http://www.jerpublicidad.com/blog/?p=1638