miércoles, 12 de diciembre de 2012

Conclusión de Reputación nas Redes Sociais

Despois de varias semanas indagando na reputación de diferentes proxectos e organizacións nas redes sociais, chego a conclusión de que a reputación so lle interesa ás grandes empresas, e a aquelas que se poden permitir o "luxo", nestes tempos, de ter a unha persoa ó cargo destes medios tan de moda últimamente.

Comezamos a nosa andadura co proxecto de "TAPÓNS PARA LOLA". Un proxecto local para poder axudar a Lola, unha nena cun problema cerebral, a cal ten un enorme custo e polo que piden axuda a través da xuntaza de tapóns para poder pagala. Esta comunidade so contaba con un blog no que existía interacción e polo cal decidimos deixalo.

Seguimos co proxecto autonómico de "PATRIMONIO GALEGO", no cal nos tiñamos que rexistrar. O empezar ó rexistro non nos mandaban o contrasinal, e avisamolos por Twitter e correo electrónico, pero como non, pasaron de nos. 

Por último xa fartas e cansadas empezamos coa Fundación Meniños, da cal xa falei no post anterior.

Despois de moitos intentos, e xa na última semana, a fundación puxo un tuit no que decia que xa tiñan 900 seguidores e polo que daba as grazas e eu, enfadada, cansada, e odiándoos con bastante forza, contesteille "Nunha semana xa perdedes a 4 :)". No mesmo momento comezaron a seguirme. Supoño que esto se debe para saber si eu seguiria con ese tipo de comentarios, o cal non creo que sentara moi ben a persoa que está detras das suas teclas, pero ó ver que durante a semana non volvin a facer ningun tipo de comentario, fixeronme "unfollow a tope".

Este luns, despois de presentar na clase a nosa experiencia, deixamos de seguilos, non porque non nos pareza interesante a súa labor, senon polo feito de que pasaron de nos, das nosas propostas e de como quen dí "plagiarme".

Adios Fundación Meniños, xa vemos que pouco vos interesa a vosa reputación :)

No hay comentarios:

Publicar un comentario