viernes, 21 de diciembre de 2012

Renovarse ou morrer

Despois dunhas cantas semanas, toca despedirse deste cuatrimestre.

Ainda que pareza que non, creo que aprendin bastantes cousas.

Sobre todo que a frase que soa decir miña avoa de "renovarse ou morrer" vai acabar sendo certa.

Acabo de ler unha noticia que di o seguinte:


"2 de cada 3 empresas utilizará Twitter para llegar a sus consumidores y potenciales clientes en 2013"


E agora preguntome, que está a facer esta 1 de cada 3? Esperar a que os clientes lle roguen polos produtos? Se iso é así van frescos, xa que as últimas investigacións din que se poden chegar a perder clientes por non ter unha "mobile store".

Non podemos saber que pasará nun par de anos. Non podo saber se toparei algo que de verdade me motive nesta carreira e se me dedicarei a eso, o unico que sei é que hai que poñerse ó día, e non só eu coa carreira, senon as empresas coa súa comunicación.

Un pracer, Aida.





Noticias: 
http://www.puromarketing.com/42/14835/cada-empresas-utilizara-twitter-para-llegar-consumidores-potenciales-clientes.html
http://www.puromarketing.com/21/14857/estas-perdiendo-ventas-tener-mobile-store.html


Promocións online


"Los consumidores compran en las tienda offline después de haber recibido promociones online"  


Despois de ler esta noticia preguntome se de verdade terá tanta importancia as promocións online, e contestome eu mesma, Sí.

A semana pasada, facendo as primeiras compras navideñas, buscaba como loca unha pixama bonita e claro, barata, para unha boa amiga. Despois de non atopar nada, chegoume unha mensaxe e un correo electrónico no que me invitaban a pasarme por unha conocida tenda de roupa interior femenina donde podería atopar moitas ofertas, entre elas pixamas a un bo prezo, e so con ensinar o correo ou no seu defecto a mensaxe, obtería un porcentaxe de desconto, que aplicado o pixama que me gustaba, quedabame un prezo exquisito. Fun correndo, xa que unha oportunidade coma esa non pasa todos os días.

Se non fose por esa mensaxe eu non iria a esa tenda, desistiría de buscar unha pixama e centraría en calquer outro producto, e con unha simple mensaxe, que pouco lle costou, conseguiron unha compra.

Moitas empresas deberían seguir esta liña, xa que nestes tempos o que buscamos veñen sendo promocións.

Noticia: http://www.puromarketing.com/76/14852/consumidores-compran-tienda-offline-despues-haber-recibido-promociones-online.html

jueves, 13 de diciembre de 2012

Empresas en Redes Sociais

Cada vez doume máis de conta da importancia das redes sociais para as empresas.

http://www.puromarketing.com/42/14803/importancia-compartir-conversar-social-media.html

Este artículo non ten desperdicio, e non podo estar mais dacordo.

miércoles, 12 de diciembre de 2012

Conclusión de Reputación nas Redes Sociais

Despois de varias semanas indagando na reputación de diferentes proxectos e organizacións nas redes sociais, chego a conclusión de que a reputación so lle interesa ás grandes empresas, e a aquelas que se poden permitir o "luxo", nestes tempos, de ter a unha persoa ó cargo destes medios tan de moda últimamente.

Comezamos a nosa andadura co proxecto de "TAPÓNS PARA LOLA". Un proxecto local para poder axudar a Lola, unha nena cun problema cerebral, a cal ten un enorme custo e polo que piden axuda a través da xuntaza de tapóns para poder pagala. Esta comunidade so contaba con un blog no que existía interacción e polo cal decidimos deixalo.

Seguimos co proxecto autonómico de "PATRIMONIO GALEGO", no cal nos tiñamos que rexistrar. O empezar ó rexistro non nos mandaban o contrasinal, e avisamolos por Twitter e correo electrónico, pero como non, pasaron de nos. 

Por último xa fartas e cansadas empezamos coa Fundación Meniños, da cal xa falei no post anterior.

Despois de moitos intentos, e xa na última semana, a fundación puxo un tuit no que decia que xa tiñan 900 seguidores e polo que daba as grazas e eu, enfadada, cansada, e odiándoos con bastante forza, contesteille "Nunha semana xa perdedes a 4 :)". No mesmo momento comezaron a seguirme. Supoño que esto se debe para saber si eu seguiria con ese tipo de comentarios, o cal non creo que sentara moi ben a persoa que está detras das suas teclas, pero ó ver que durante a semana non volvin a facer ningun tipo de comentario, fixeronme "unfollow a tope".

Este luns, despois de presentar na clase a nosa experiencia, deixamos de seguilos, non porque non nos pareza interesante a súa labor, senon polo feito de que pasaron de nos, das nosas propostas e de como quen dí "plagiarme".

Adios Fundación Meniños, xa vemos que pouco vos interesa a vosa reputación :)