martes, 23 de octubre de 2012

Xestión da Reputación na Comunicación

A reputación dunha empresa depende de varios factores como son o medio ambiente, a responsabilidade laboral e a opinión pública. 

A imaxe da nosa empresa que os públicos teñen na súa cabeza é moi importante, xa uqe por moi boa que seas, se a xente non lle acabas de convencer non vas a chegar a ningún sitio.

Así, a idea de reputación tamén se acerca a de recepción das imaxes das marcas.

Esta reputación debe ter unha experiencia de servizo. A maior parte da xente cando quere ir de escapada a unha casa rural, o primeiro que soe facer é preguntar a coñecidos si coñecen esa casa e a súa opinión. Dependendo da súa resposta, ou se vai ou non. E aquí, para a empresa, aparece a reputación.

En canto a planificación ambiental, aparecen as chamadas "marcas verdes", polas que moitas empresas se esforzan en chegar a ser, pero que en moitos casos coma o de Portugal, é un fraude, xa que ese título pódese comprar.
Toyota está considerada como marca verde. Unha paradoxa en sí mesma xa que, ¿como pode ser unha marca verde se os seus produtos son dos máis contaminantes?



No tocante a responsabilidade laboral, non hai moito que explicar xa que, uns empregados contentos son ó mellor para unha empresa, xa que si o empregado está contento co seu posto de traballo a súa productividade e a súa amabilidade cos clientes vai a aumentaar notablemente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario