sábado, 13 de octubre de 2012

O Curioso caso de Mercadona

Fai un mes e uns días, a polémica sobre a cadea de supermercados Mercadona volveu aparecer, e esta vez, tampouco deixou indiferente a nadie.

Despois de pasar por situacións como o famosos caso do champú de cabalo, que supostamente non era de cabalo, a cadea valenciana foi acusada de posuír sustancias canceríxenas nunha serie de produtos solares e cremas hidrantes da súa propia marca blanca.

Ante esta noticia, que logo se divulgou, Mercadona deixou de vendelos a pesar de recalcar que os seus produtos estaban totalmente certificados, e ata nalgunhas ocasións, permitiron que os consumidores devolveran eses productos e se lle aboara o seu importe, xa que estes últimos estaban totalmente convencidos da importancia do asunto.

Pasados un par de días e despois de unha importante serie de analises, a cadea puido comprobar e reafirmar que os seus produtos estaban limpos e que eran totalmeten seguros.

Isto anunciouse mediante unha nota de prensa sinxela e sen máis importacia e transcendencia.

http://www.mercadona.es/corp/esp-html/noticias.html#noticia22

E digo eu, se a noticia foi de tal alerta e quedou coma unha mancha moi importante para a cadea de Juan Roig, porque só o comunicaron con unha sinxela nota de prensa e non o anunciaron por todo o alto para así poder cerrar as bocas que os deixaron quedar mal cando empezaron a tirar basura contra o seu tellado?

Paradoxas da vida... e distintas formas de pensar e levar as empresas. Froiz, por exemplo, que é a empresa que o meu grupo traballa nas clases prácticas, non ten notas de prensa, aínda que eu creo que tampouco ten moito que dicir.

Alá eles...

No hay comentarios:

Publicar un comentario