jueves, 11 de octubre de 2012

Proxectos de renovacións de Imaxes

Cada certo tempo debemos actualizar a nosa auditoría de imaxe e facela apropiada ó momento no que nos atopemos.

Cando a fagamos debemos ter en conta catro puntos moi importantes.


En primeiro lugar a concorrencia. Aquí definimos os límites do noso entorno (coa aproximación máis precisa que poidamos) a magnitude das voces dos actores no escenario de comunicación. Neste punto debemos prestar moita atención ás redes sociais, xa que son as que máis cambian nun determinado período de tempo.


A visibilidade ten que ver coa importancia que o público lle otorga as diferentes situacións de comunicación nas que se atopa unha empresa. Conseguir que un tema sexa Trending Topic pode parecer unha tontería, pero na realidade é algo moi importante xa que quere decir que verdadeiramente o publico interesase por nos.


No terceiro punto punto temos a recepción das mensaxes. Ás veces, unha mensaxe simple pode ser máis forte que unha moi cargada e complexa.


Para terminar temonos que fixar nos discursos principais dos publicos. Os seus comentarios en blogs, foros e redes sociais son moi importantes porque moitas veces mostrannos os fallos que estamos cometendo.


En resumo, por moitos puntos que poñamos, unha boa e completa auditoría de imaxe é moi complicada de realizar, e menos se temos que ir enumerando todas as ferramentas que empreguemos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario