martes, 16 de octubre de 2012

Red Bull non che da alas, tírate da Estratosfera

Esta fin de semana, RedBull por fín puido realizar o evento que tanto anos leva financiando, o salto de Félix Baumgartner dende a Estratosfera.



Un evento desas características de verdade lle sirve a marca para fomentar as súas vendas? Eu penso que non, por que se a ti, coma no meu caso, non che gusta esa especie de bebida con sabor a xarope, non o vas a beber porque un señor se tire dende a Estratosfera...

Pois ben, coa cantidade de audiencia que conseguiu a través da televisión e Internet, a de portadas de periódicos e telediarios que abriu, e despois de seguir sendo noticia despois de días de realizarse, alo ten que ganar. Seguramente gañe reputación, e será coñecida por adicarse a patrocinar eventos de deportes extremos, coma este de Stratos ou outros coma a Fórmula 1. 


Desta froma, e despois de invertir un 25% dos seus ingresos en Marketing, a imaxe de Red Bull vai a ser moito máis durareira xa que está construída dende a reputación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario